JESÚS BALSEIRO Y RICARDO DIEZ S.C - Início - Quenes somos?

Início - Quenes somos?

Garantía e calidade: o resultado de moitos anos de traballo.

Faga click para ampliar a imaxe

MARISCOS CARRODEGUAS somos unha empresa especializada no tratamento, depuración e comercialización de moluscos bivalvos vivos. Presentes no sector dende 1985, hoxe somos un referente no noso ámbito de actuación empresarial.
A nosa traxectoria afianzounos ata o punto de que os nosos propios clientes fixeron que o nome de MARISCOS CARRODEGUAS sexa sinónimo de seriedade, responsabilidade e eficacia.

En MARISCOS CARRODEGUAS contamos cunha estación depuradora de moluscos coa tecnoloxía máis actual, o que nos permite ser especialistas por dedicarnos integramente ao comercio ao por maior dos nosos produtos.

Procesado do marisco

No ano 2005 en MARISCOS CARRODEGUAS procedemos a unha adecuación das nosas instalacións para atender mellor as esixencias crecentes dos nosos clientes, de xeito que estreamos no corazón do Porto da Coruña, concretamente no edificio da Lonxa, a primeira depuradora de circuíto pechado da provincia.

Este innovador equipamento tecnolóxico próvénos dun sistema de depuración mediante o filtrado biolóxico do auga e a eliminación completa de toxinas e impurezas a través dun circuíto de ozono e raios ultravioleta.

Despois dun primeiro lavado e selección do marisco, este colócase nuns contedores especiais onde levase a cabo o seu proceso íntegro de depuración. O noso persoal, especialmente preparado para iso, realiza a última selección e o seu posterior envasado xusto antes do momento da súa entrega ao cliente.

Debido á nosa ubicación no mesmo centro da Coruña, MARISCOS CARRODEGUAS damos aos nosos clientes a garantía de que o produto que reciben acaba de saír do auga, e non sufriu nin horas de transporte nin outros inconvenientes derivados da súa manipulación fóra do auga. Así queda asegurada a rapidez da entrega nas mellores condicións hixiénicas e de calidade.

Estamos especializados no asesoramento e abastecemento ao sector de restauración. A nosa filosofía de traballo e noso know how no ámbito do molusco bivalvo vivo permite a MARISCOS CARRODEGUAS unha comunicación directa co cliente. Estamos preparados para atender calquera esixencia e necesidade que lle xurda respecto ao noso produto de comercialización.

Marisco.

Faga click para ampliar a imaxe

Ameixa babosa (venerupis pullastra).

Ameixa fina (ruditapes decussata).

Ameixa japónica (ruditapes philippinarum).

Berberecho (cerastoderma edule).

Longueirón (ensis siliqua).

Navalla (ensis arcuatus).

Mexillón (mytilus galloprovincialis).

Ostra (ostrea edulis).

Aviso Legal © JESÚS BALSEIRO Y RICARDO DIEZ S.C 2013